Preguntas e respostas
Cal é a forma máis segura de iniciar sesión?
Iniciar sesión cunha conta de Google que ten dobre factor de autenticación activado.
Onde se almacenan os datos? É un lugar seguro?
Hourglass almacena os datos da congregación e dos publicadores nunha infraestructura segura con sistemas redundantes e cun cifrado forte. Conta con estritas medidas de seguridade e cunha monitorización continua para garantir que os datos estean sempre protexidos. Ademais, pódese habilitar o cifrado de extremo a extremo (E2E) para aumentar aínda máis a seguridade. Por favor, consulta as instrucións que enviase a sucursal do voso país para asegurarvos de que usar Hourglass cumpre coa normativa vixente.
Son testemuñas de Xehová as persoas que programan e manteñen Hourglass?
Si. Hourglass foi creado por irmáns que queren atender de maneira responsable as súas asignacións usando a tecnoloxía moderna.
Canto custa usar Hourglass?
A diferenza doutros programas deseñados para as congregacións, Hourglass non é unha aplicación con ánimo de lucro.
Non é necesario pagar por utilizar Hourglass, pero si custa cartos mantelo en funcionamento cada mes. As doazóns son moi apreciadas.
Cumpre Hourglass coas leis de protección de datos do meu país? (Por exemplo, co Regulamento Xeral de Protección de Datos [GDPR].)
Si. Hourglass cumpre co Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR) e con outras leis de privacidade parecidas noutros países. A política de privacidade, os termos de servizo e o Acordo Global de Procesamento de Datos que se atopan en hourglass-app.com conteñen máis detalles ó respecto. As localizacións xeográficas de almacenamento de datos e calquera transferencia entre elas están protexidas polas medidas de seguridade axeitadas, incluídas as Cláusulas Contractuais Tipo.
Podo axudar a traducir Hourglass a outro idioma?
Se queres axudarnos a traducir Hourglass, por favor, contacta con nós utilizando a información de abaixo.
PPAM
Canto custa?
É totalmente gratis. Tódolos gastos están cubertos con doazóns voluntarias.
Quen pode rexistrarse?
Aínda que de momento todo o mundo pode rexistrarse, por favor, ten en conta o seguinte::
- O obxectivo desta ferramenta é axudar a organizar a Predicación Pública en Áreas Metropolitanas nos diferentes territorios que supervisan as sucursais das Testemuñas de Xehová arredor do mundo.
- Tamén pode servir para organizar outra clase de iniciativas non patrocinadas pola sucursal.
- Só está permitido crear unha conta por cidade.
- As congregacións que desexen organizar a predicación pública na súa zona deben empregar unha conta de congregación e non rexistrarse para obter unha conta PPAM.
É necesario que as congregacións ás que pertencen os publicadores empreguen Hourglass?
Non
Que ocorre se un publicador xa ten unha conta cunha congregación?
Deben seguir empregando a súa conta. Apareceralles unha invitación para unirse á zona da PPAM.
Pode un publicador ter unha conta con máis dunha zona da PPAM ó mesmo tempo?
Non. Un publicador só pode estar asociado a unha zona da PPAM ó mesmo tempo. Aceptar unha invitación para outra zona trasladaría nese mesmo momento o publicador a esa zona.
Poden engadirse visitantes ó programa?
Debe dárselles permisos de acceso como a calquera outro publicador. Se están asociados con outra zona da PPAM, deberán aceptar a invitación para trasladarse a outra zona, e despois aceptar unha nova invitación á zona anterior se é necesario.